martes, 5 de mayo de 2015

COMPETENCIA EMOCIONAL? QUE É ISO?

"Las emociones proporcionan un medio natural para que el cerebro y la mente evalúen el ambiente exterior y el que rodea al organismo, y para que responda en consecuencia y de manera adaptativa".
Damasio (2003, p. 56).

A importancia da competencia emocional é palpable nas competencias propostas pola Unión Europea, nos pilares da LOE e, agora, na estructura competencial da LOMCE. 
Ser "competente emocional" require dun conxunto de saberes que todo alumn@ ten que ter desenvoltos ao finalizar a etapa de educación primaria.
Para aplicar estes saberes comenzaremos pola sincronización de mente-corpo, é dicir: 
Como aprendo a relaxarme? Esta é unha posible RECEITA:

RELAXACIÓN:

  • PROPIEDADES:
  1. Diminúe o estrés muscular e mental.
  2. Mellora a memoria e a concentración.
  3. Mellora as aprendizaxes.
  4. Despois da actividade física crease un estado de tranquilidade.
  5. Canaliza as enerxías físicas e mentais.
  6. Axusta o nivel de activación e o estado de pasividade.
  7. Axuda a mellorar o nivel de timidez social.
  8. Interven sobre os tics nerviosos.
  9. Reduce a ansiedade, ataques de pánico...
  10. Enriquece a sensibilidade, as percepcións.
  11. Mellora a calidade do sono.
  12. Mellora a circulación sanguínea e o benestar global.